Xa finalizou a fase de liguilla entre todos os barrios, clasificándose para as semifinais en primeiro posto con 12 puntos o Ciclóns do Maio. Cos mesmos puntos (12) pero en desventaxa polo resultado do partido entre ambos clasificouse Abelleira. Por detrás con 9 puntos meteuse un poderoso Pentacosta e no último posto clasificouse o Cánchester de Creo, o que tan so lle chegou con sumar 6 puntos para conseguir o pase.
Foron o Independiente de Uhía e o Carallo Santo de Solleiros os que nesta edición quedaron fora da clasificación para as ansiadas semifinais, e posibilidade de gañar esta 46º edición do Campeonato de Barrios de Esteiro.
La tabla de goleadores encabézana e "nunca mellor dito" Codesido (Abelleira), Raúl Louro (Abelleira), Simón Casal (Pentacosta) e Antón (Cánchester) con 5 goles. Xusto por detrás, a 1 so tanto temos a David Añón e Manu de YI (Ciclóns), Toni e Borja (Pentacosta).
Os partidos da 4º e 5º xornada quedaron da seguinte maneira:
- Carallo Santo 3 - 6 Pentacosta
Goles: Por parte do Carallo Santo, Benji, Lucas e Anxo Fojete. Polo lado do Pentacosta, Toni (2), Borja (2) e Simón Casal (2)
- Independiente 2 - 3 Ciclóns
Goles: Por parte do Independiente, Alex Rama. Pola outra banda, David Añón, Adrián Abeijón, Manu de Yi e gol en PP.
- Pentacosta 0 - 4 Abelleira
Goles: Os goles do Abelleira foron de Raúl Louro (2), Lucas e Codesido.
- Ciclóns 2 - 0 Carallo Santo
Goles: Os goles do Ciclóns foron de Manu de Yi e Adrián Abeijón
- Independiente 1 - 2 Cánchester
Goles: Os Goles foron de Pablo Val, Ánton e Damián Sui (P.P)
- Abelleira 4 - 1 Cánchester
Goles: Por parte de Abelleira meteu Codesido, Damián Americano, Álvaro Farinós e Adrián Riomayor. Polo outro lado o gol do Cánchester foi unha obra de arte de Chano.
As Semifinais xogaranse, o sábado 9 donde se enfrentará o Ciclóns do Maio contra o Cánchester de Creo sobre as 19:30, e o Domingo 10 a mesma hora (19:30 aproximadamente) Abelleira contra o Pentacosta. Os gañadores destes encontros veranse as caras na fermosísima final do día do Cármen de Esteiro, o 15 de Agosto, para poñerlle o broche final a unha das edicións máis igualadas vividas nos últimos anos.
Falareivos das Semifinais e Final no proximo post.
Da gusto ver como o Xosé Luís Vara se enche cada tarde de partido, para ver os veciños e veciñas xogar este campeonato. O espiritu de Barrio segue máis vivo que nunca e eso e grazas a todos. Os que organizan, os que xogan e os que veñen a animar o seu equipo.
Gracias a todos por facelo posible.
E que sería do Campeonato de Barrios sin as súas festas. Aqui podemos ver 3 dos carteles das festas;
Cánchester, Carallo Santo e Ciclóns.
No hay comentarios:
Publicar un comentario