1° SEMIFINAL 9 Agosto
CICLÓNS - CÁNCHESTER
4-4 (4-2)
Un partido para a historia, un Xosé Luís Vara ata os topes e un ambiente de amor e pertenza que é difícil describir.
Comezaba o partido nunha tarde moi calurosa, o Ciclóns lamentaba a baixa dun dos seus maiores artilleiros David Añón, pero eso non fixo mella na motivación e ganas cas que saíron o campo. O Cánchester pola súa banda, contaba con todos os seus xogadores e facía pensar que o partido desta tarde iba ser unha bonita batalla.
O Cánchester comezou dominando tendo máis o control da pelota, ganando as disputas e superando ós do Maio en intensidad. Producto desto, non tardou en chegar o primeiro gol, e pouco despois o segundo para poñer o marcador 0-2, ambos goles moi parecidos con centro de Róber Pladur e remates de Pablo e Patxi sucesivamente. Parecía que o Cánchester tiña todo controlado e que incluso estaba a chegar o terceiro. Sen embargo, nun córner en contra, o Ciclóns consegue armar unha contra e Héctor mete un tiro cruzado, deixando partido ben aberto 1-2.
O Cánchester xa non era o mesmo e o Ciclóns comezaba a coller as riendas do partido. Moita tensión, faltas e piques entre os xogadores o que fai bonito este campeonato. Foi Josiño Palifrova nun rechaze, o que saca un latigazo de fora da área para poñer as tablas de novo no marcador.
Na segunda metade os equipos sairon a dalo todo e foi o Ciclóns o que se adiantaba no marcador, nun despiste da defensa marela, do pe de Adrián Abeijón que fai unha internada das súas e metea cruzada poñendo ós do Maio por diante 3-2.
Nunha xogada do Cánchester donde David da un pase da morte, Chano mete a placer, e pon as táboas 3-3. O partido non podía estar máis bonito.
Despois do parón de hidratación o Ciclóns puxo o balón en xogo dende as máns do porteiro Álex, cando o saque tiña que ser de portería. O despexe controla Teijo que enlaza con Josiño e este a súa vez con Manu de Yi que se coloca só frente a Mateo e adianta de novo os Ciclóns (4-3). Xogada moi protestada e que fixo que se xuntasen os árbitros a deliberar, dando o gol por válido finalmente.
O Cánchester volcouse ó ataque, a falta de 10 minutos anúlaselle un gol a Róber Pladur por fora de xogo bastante protestado polos de Creo. E pouco despois un balón de Chano a espalda da defensa consegue Pablo coller a ventaxa e con un cabezazo pasarlla por encima a Álex de Yi, conseguíndo o empate que finalmente se quedaría no marcador (4-4).
Outra tanda de penaltis entre estes dous equipos que nunca dan o brazo a torcer nin dan nada por perdido. O Ciclóns tira de veteranía na portería e o Cánchester peca a súa falta de acerto. Clasificándose para a tan ansiada final do Campeonato de Barrios de Esteiro.
Noraboa os Ciclóns e ánimo para o Cánchester.
2° SEMIFINAL 10 AGOSTO
PENTACOSTA - ABELLEIRA
4-4 (4-2) Penaltis
Ambientazo no Xosé Luis Vara un día máis. Comezou o partido con dous equipos intensos e con poucas creacions de peligro.
Foi o Pentacosta o primeiro en abrir a lata despois dunha xogada de Godo que acaba nun balón a área e remata Simón Casal.
O partido aumenta en tensión e o Abelleira volcase ó ataque. Un erro na salida de balón do Abelleira, rouba Godo, abre a Manel que golpea cruzado a cepa do poste poñendo o 2-0. O Pentacosta moi ben armado atrás non deixa peligrar a sua portería e nunha contra cun balón a espalda, Manel fai o 3-0 cunha bonita vaselina.
Comezou a segunda parte e o Abelleira foi con todo o ataque. Nun tiro de fora da área do veterano Alberto cólase pegadiña o pao para poñer o 3-1.
Notábase o cansancio nos de verde pero sin perderlle a cara ó partido. No Ecuador da segunda metade Álvaro do Penta dalle a tranquilidade metendo un bonito gol e facendo o 4-1 antes da pausa de hidratación. Nin un minuto da reanudación e nun balón a espalda da defensa pentacosteira, o xogador do Vea c.f, Lucas, colocao no fondo da rede poñendo o 4-2 e abrindo as posibilidades dos celestes.
No tempo de descuento Abelleira acorta distancias outra vez a man de Lucas e ponse 4-3 a falta de 4 minutos para o final. Nun córner no último suspiro, a favor do Abelleira, Saúl pon as tablas no marcador e decídese todo na tanda de penaltis.
Na tanda de penaltis o Pentacosta cambia o porteiro e pon os guantes o auténtico Simón da Esteirana, o cal se convirte no héroe da tarde parando os dous primeiros penaltis do Abelleira e sentenciando o partido quedando finalmente por 4-2.
Corría o ano 1996 cando o Pentacosta gañaba o seu último título como a fusión dos barrios de Pendente, Tal e Trasdacosta. Anos despois cando se dividiron creando o Praias de Reimundes e Tal, foron os carecos quenes de chegar a 7 finais (2002, 2003, 2004, 2005, 2006, 2007 e 2015) das cales gañaron 3 (2004, 2006, e 2007).
O trio arbitral das semifinales e final composto por Marcelino Martínez "Marselo", José "Carrilo" e Manuel Antonio "Tatá"
A táboa de goleadores queda da seguinte maneira a falta de xogar a final.
A Final do Campeonato de Barrios de Esteiro 2025 celebrarase o Viernes 15 de agosto as 19:30 no Xosé Luis Vara. Nela enfrentarase o Ciclóns contra o Pentacosta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario