lunes, 14 de julio de 2025

46º Campeonato de Barrios de Esteiro

 46º CAMPEONATO DE BARRIOS DE ESTEIRO


    Xa está de volta o tan ansiado campeonato de barrios de Esteiro. Despois dunha 45º edición donde saeu campeón o Ciclóns do Maio, non sin polémica, a esencia do fútbol está máis viva que nunca e pódese observar cada sábado e domingo de verán no Xosé Luis Vara.

Un torneo de fútbol de verán que no seu día foi creado especialmente para que os Esteiráns non federados puderan darlle catro patadas a unha pelota, convirteuse no escenario donde moitos xogadores empezan a súa carreira deportiva dándose a coñecer na costa e máis alá dela.

Esta 46º edición do mellor campeonato de  verán de fútbol 11 coñecido, comezou o día 15 de xuño, como é costume co mesmo encontro que a final da edición anterior, que enfrentaba o vixente campeón Ciclóns do Maio no 2024 contra o exvixente campeón Cánchester de Creo no 2023.

O Cartel deste ano fai homenaxe a unha das mellores festas de toda Galicia e proclamada de Interese Turístico Nacional, as Carrilanas de Esteiro as cales non poderán celebrarse por diferentes problemas. Tamén a cor do mesmo está relacionado directamente ca do equipo campeón.


46º Campeonato de Barrios de Esteiro

  1. Cánchester - Ciclóns  (2-4) Goles: Antón, Pablo Pichu para os de Creo e David Añón, Martín do Camarón, Teijo Jr e Manu de Yi para os Maio.
  2. Carallo Santo - Abelleira (2-6) Goles: Anxo Fojete 2 para os de Solleiros e Code 3, Raúl Louro, Dani Jurjo e David para os de Abelleira
  3. Independiente - Pentacosta (5-3) Goles: Carajillo Jr 2, Manu Cea, Adelino e Alex Rama para os de Uhía e Toni, Simón Casal e Godo para os da Pendente, tal e Trasdacosta.
  4. Cánchester - Carallo Santo (5-0) Goles: Róber Pladur 2, Antón 2 e Pichu para os de Creo.
  5. Pentacosta - Ciclóns (3-2) Goles: Godo, Simón Casal e Borja  para os Lajartos e Manu de Yi e Teijo para as Vacas.
  6. Independiente - Abelleira (1-2) Goles: Raúl Louro e Álvaro Farinós para os da Parroquia e Anxo Carajillo para os de Medrón.
  7.  Cánchester - Pentacosta (3-4) Goles: Antón 2 e Iker para os marelos e Toni, Iván Fernandes, Simón Casal e Borja para os Carecos.
  8. Carallo Santo - Independiente (0-4) Goles: Raúl Mitri 2, Manuel Cea e Pablo Rama para os  vermellóns.
  9. Abelleira - Ciclóns (2-3) Goles: David  Añón 2 e Teijo Jr para os azulóns e Raúl Louro e Dani Jurjo para os celestes.

    Despois de 3 xornadas xogadas, a clasificación queda moi igualada. Moitos anos atrás que non se vía tanta igualdade no xogo dos barrios o que fai que ainda máis apeteza coller a toalla e marchar da plaia para ir disfrutar do partido que toque. Queda todo aberto para pelexar por esa clasificación as Semifinais.



    
    Agradecer moito a labor que fan estas dúas persoas colexiando e moitas veces batendo os cornos e provocando que este campeonato poda seguir celebrándose. 

José "Carrilo" e Marcelo Martínez GRAZAS 

O Xosé Luís Vara cada fin de semana do verán










Seguirei comentando as próximas xornadas deste increible campeonato de fútbol 11 local.

VIVA O CAMPEONATO DE BARRIOS


Xa irei correxindo as faltas...😜😂


No hay comentarios:

Publicar un comentario