miércoles, 16 de agosto de 2023

CAMPIONATO DE BARRIOS, ESTEIRO 2023

En marcha a 44ª edición Campionato de Barrios de Esteiro, o mellor torneo de verán do país. Comezou o cuadraxésimo cuarto Campionato de Barrios de Esteiro, o mellor torneo de verán seguramente do pais. Xa van dúas xornadas tralas que tan só un equipo foi quen de gañar os dous encontros. Ese foi o renovado Pentacosta, o Avefénix do campionato máis histórico da nosa contorna. Queda moito torneo de Barrios por diante, pero polo de pronto amosa que a clasificación para as semifinais vai estar moi igualada. Os finalistas do ano pasado, o Canchester e o Independiente non pasaron do empate no partido inaugural. No seu primeiro partido contra o Carallo Santo, o Pentacosta facía visible a súa capacidade goleadora e bo facer. O seguinte partido, Ciclóns contra Abelleira, eran os da parroquia os que sucumbían ós dous chícharros marcados por un dos xogadores contrastados do campionato como é David Añón, para rematar 2 goles a 1. E apareceu outra vez o Canchester, o equipo máximo goleador na pasada campaña, para demostrar que segue tendo moita pólvora, non sen sufrir, pois o Carallo Santo foi quen de aguantar ata o minuto 80 a diferencia mínima. Foron as forzas as que fallaron no restante, o que fixo que o Canchester se impuxera por un contundente 6 a 1 (Anxo 3, R. Pladur 2 e Pachín 1). A seguinte xornada, disputouna o Independiente - Ciclóns, o partido que máis veces se dou nas últimas décadas neste campionato, acostumados a xogar finais e deleitar os seareiros do pobo, nun encontro de ti a ti con poucas ocasións, cun gol en propia meta do veterano Dani Rama e unha auténtica marabilla das que tantas se viron no Xosé Luís Vara de Adelino Lestón, marcaron o empate do encontro. Na última xeira do que se vai xogado, foi o Pentacosta o que se impuxo por un 3 a 1, a un Abelleira que non poido celebrar as súas festas parroquiais. Intrépido o célebre campionato de Verán de Esteiro na súa 44 edición. Cánchester - Pentacosta 5-3 Antón, Dani Recho, Uru, Iker e Anxo Borja, Pesco e Álvaro Independiente - Abelleira 0-3 Álvaro Farinós III Ciclons - Carallo Santo 4-0 Marcos e hector, Adrian Abeijón, Laura Caamaño Abelleira - Cánchester 1-3 Alvaro Farinós Patxi II e Róber Pladur Pentacosta - Ciclons 2-1 Pesco, Toni Adrián Carapán Independiente - Carallo Santo 1-2 Pablo Rama Eloi Couso, Iván Campana Cánchester - Ciclóns 2-3 Iker e Rober Pladur Marcos Tavilo e Adrian Carapán II Independiente - Pentacosta. 4-3 Alex II Anxo, Carajillo Simón Casal, Manel e Víctor Frijo Abelleira - Carallo 3-1 Adrián Riomayor, Álvaro Farinós, Raúl Lucas Caamaño Un Campeonato de Barrios histórico o desta XLIV edición, que despois de máis de 3 décadas deixa o Independiente de Uhía fóra das semifinais. Intrépida esta fase final da liguilla do campionato de barrios, onde ata o último encontro se mantivo a tensión por saber quen serían os equipos en conseguir o ansiado pase a semifinais. Foron os equipos do Cíclons do Maio con 10 puntos, o Cánchester de Creo con 10 puntos e o Pentacosta de Tal-Tras da Costa con 9 puntos os primeiros en lograr o pase a semifinais. Foi no último encontro entre Abelleira e o Carallo Santo de Solleiros onde o gañador conseguiría esa derradeira plaza para a ansiada semifinal. No caso de rematar en empate, o pase a semifinal outorgaríaselle o Independiente de Uhía, mantendo a intriga ata o final. Finalmente foi Abelleira o que se impuxo por un 3-1 para pasar como 4º clasificado. O sábado 12 comezan as semifinais co encontro entre Ciclóns e Abelleira, e serán Cánchester e Pentacosta os que se enfronten o Domingo 13. Unhas semifinais onde como dato curioso temos que o Independiente de Uhía, Rei de copas (16) e 5 na última década, despois de máis de 30 anos non consigueu clasificarse a semifinais. Vibrante esta fin de semana onde coñeceremos os equipos finalista desta 44º Edición do Campionato de Barrios. A final será como é costume o festivo 15 de Agosto, martes. Abelleira - Ciclóns Farinós pelanti e Fari, Raúl, Canchester - Pentacosta Antón II, David, Chano, Iker, Anxo Peto. Borja, Simón Casal. Métense na finalísima da Champions de Barrios de Esteiro o Abelleira e o Canchester. As Semifinais do XLIV Campionato de Barrios de Esteiro xuntan máis de 400 persoas no Xosé Luís Vara. O Sábado 12 xogouse a primeira das semifinais que enfrontaban os Ciclóns contra Abelleira, donde este último se impoñía por un claro 3-0 con 2 goles do líder na clasificación de goleadores e xogador do UD Montelouro, Álvaro Farinós (8) e outro de Raúl, nova fichaxe do Dumbría para actual tempada. Abelleira métese nunha final despois de varios anos e a só un partido de facerse co que sería o seu 3° título de Barrios. O Domingo 13 foi a quenda do Canchester contra un Pentacosta que sufreu as baixas importantes de Simón, defensa veterán da SD Esteirana e Toni, xogador que se encontra nas filas do Flavia. O Canchester estivo moi forte na defensa e algo errático na parcela ofensiva. Nada máis lonxe da realidade as ocasións de perigo non tardaron en materializarse. Cun 2-0 ao descanso a favor dos de Creo parecía que todo pintaba que o partido estaba resolto. Ó comenzo da segunda metade o Pentacosta nun córner dáballe emoción o encontro, ainda que pouco durou pois o Canchester con unha defensa férrea e unhas contras letales foron quen de resolver o partido cun contundente 6-2, e meterse na segunda final consecutiva. Goles: Antón 2, xogador do Bertamiráns, David, Iker e Chano, xogadores da UD Montelouro, e un golazo de falta de Anxo Petiño xogador que se formou na base do Real Madrid, pasando despois polo Rayo Vallecano e actualmente nos cadetes do Leganés. O Martes 15 como é costume xogarase a final Abelleira - Canchester as 19:00 da tarde. Final ¡Cánschester Campión despois de 32 anos! Abelleira 2-3 Canchester Martes 15 de Agosto, día da final do XLIV Campionato de Barrios de Esteiro. Ver pa creer, case un milleiro de persoas asolaron o Xosé Luis Vara de Esteiro para disfrutar da final do mellor torneo de fútbol de verán do país. As 18:00 foron teloneros os sub-15 os que demostraron que o futbol ten futuro na parroquia, cun partido entre os da Ponte de Aquí VS Ponte de Alá. O campo xa iba collendo color durante o encontro deixando poucos ocos nas bancadas e foi no treito final do partido cando o Xosé Luís Vara tiña un aforo case completo. Antes de comenzar a Agrupación folclórica de Agrocovo amenizou ó son das gaitas varias pezas e o imno galego para dar comezo unha das finais máis presenciadas dos últimos anos. Tamén facer nomeamento a un grupo de documentalistas Coreanos que quiseron dar visibilidade no seu país ó noso campionato con entrevistas e videos, facendo que o mesmo traspase todas as fronteiras. O Cánchester de Creo, partía como favorito pola sua posición na clasificación pero foi o Abelleira o que levou a batuta do encontro. Adiantábanse no marcador nun rechace, cun gol lonxano de Adrián Riomayor, xogador da SD Esteirana. Os nervios estavan a flor de pel e notábase na fluidez do xogo. Os de Creo non daban atopado o seu prime ofensivo posto que o Abelleira ten unha das mellores defensas do campionato. Foi na execución dunha falta donde Víctor, porteiro do Abelleira, deixaba un balón morto para que Antón o empuxara e deixase 1-1 o marcador antes do descanso. A volta dos vestiarios, o Cánchester saleu a por todas, pero un erro non forzado do dianteiro Róber Pladur nunha entrega ó equipo contrario creou a contra do que foi o 2-1 para Abelleira a man de Raúl. Abelleira colleu confianza e co marcador outra vez a favor era o que levaba o ritmo do partido. Todo pintaba que o favorito Cánchester iba quedar outra vez as portas do título, pois non eran capaces de traspasar a increíble defensa de Abelleira (Tobío, Codesido, Dani de Jurjo e Davíd axudados polos mediocentros Alberto e Juán Piru). Foi noutra falta executada por o fracotirarock Patxi na que Róber Pladur tan so tivo que amosar a testa para mandala o fondo das mallas, e poñer o marcador outra vez en táboas. Na súa celebración facía un guiño o seu anterior equipo o Carallo Santo portando a elástica por debaixo. O encontro non era apto para cardiacos pois os derradeiros 15 minutos foron continuas idas e vidas de ambos conxuntos. Foi o AlphaSniper Patxi o que por terceira vez nun balón parado e a posterior peiteada de Antón colocaba o esférico donde o cancerbeiro do Abelleira non pudo chegar para colocarse por diante 2-3. Coma se soe dicir "Cause o estadio", tan so tiveron que aguantar 10 minutos o resultado para proclamarse Campións de Barrios despois de máis de 3 décadas e conseguir o seu 2° título na historia. Despois viñeron os festexos e a entrega de trofeos da mán da Alcaldesa e Concelleiro de deportes. Donde os veteráns Daniel Mariño "Uru", Saúl e Abadín levantaban a ansiada copa de Campións. Agradecer e darlle a noraboa unha vez máis a organización do campionato, os árbitros Xosé Carrilo, Xosé París, Marcelino e Tarujo por facelo posible. Como non, recordar a Manuél Martínez Brión. E a todas as persoas que axudan para que o Campionato de Barrios de Esteiro siga crecendo e sendo a millor competición non federada do país. O Sábado 19 o Cánchester celebrará o título coma é costume na Cañeiriña de Creo. Tamén fará a súa festa o Ciclóns do Maio na Pontella a mesma noite.

No hay comentarios:

Publicar un comentario