lunes, 5 de marzo de 2018

Crónica 04/03/2018 S.D Esteirana


S.D ESTEIRANA

Prebenxamíns
S.D Esteirana 1-4 Camariñas F.C


A S.D ESTEIRANA XA TEN A CABEZA NO CUNCHIDO

O líder Camariñas F.C sufreu en Esteiro. Moi traballado o encontro do conxunto do Freixán pequeno, que outra xornada máis ve como os erros defensivos e a falta de atino o condenan.

O partido comezou disputado, e xa no primeiro treito, un man a man de Xandre que non consigueu culminar provocou unha contra na que chegou o 0-1. Antes do tempo de descanso encaixaron o 0-2. A saída da caseta, non tardaron moito en recibir o 0-3, que sentenciaba ós máis novos da SD. Pero o seu pichichi volveu a aparecer, e esta vez de falta conseguindo o único tanto do equipo local. Xa no engadido, encaixaron o definitivo 1-4.


Pachín. << “Estou contento polo partido que fixeron, pelearon hasta o final e souperon competir todos, non lle podo pedir máis a este equipo. O que si que estou seguro e que nos darán moitas alegrias e nos faran disfrutar todo o ano. Da gusto poder entrenar a estes nenos” >>.

Benxamíns
As Baleas F.S “A” 4-3 S.D Esteirana


UNHA PRIMEIRA METADE PRA OLVIDAR

Mal comezo no enfrontamento dos nen@s de Codesido no Hermanas Patiño, que xa no min. 2 nunha acción infortunada, a xogadora Sofía colaba o esférico en propia meta. Ainda se estaban recuperando da fatal acción e no min. 5, recibían o segundo, e podíase intuir o que lle esperaba no resto do encontro. Ata 4-0 chegou a ir perdendo a Esteirana que no último tramo do partido se recompoñía e conseguía anotar 3 goles (Miguel 1 e Samuel 2), para finalizar 4-3.


Alevíns
As baleas F.S 1-1 S.D Esteirana

"MAIS CORAZÓN QUE CABEZA"

 Empezou ben a Esteirana de Cheñé Figueiras, apretando a salida de balón do rival, ante un dos mellores equipos que mellor domina o balón da categoría. A Esteirana perdonou ata 3 ocasións claras, e que finalmente pagaron caro, pois recibiron o primeiro na primeira chegada perigosa do rival. Empatou Xabi antes do descanso. Na segunda metade dominou a Esteirana pero sen moita profundidade, levando o peso en todo momento o resto de partido.

Cheñé. << “ A segunda parte foi dominio noso pero con pouca chegada. Podese decir que con mais corazon que cabeza”>>.


Infantís
Muxía F.C 0-1 S.D Esteirana


TANTO NO DESCONTO QUE DA UNHA VICTORIA MERECIDA

Moito vento na Nova Arliña de Muxía. Nos primeiros minutos a Esteirana empezou con máis intensidade e movendo o balón con máis velocidade que os locales. Os poucos minutos na ocasión máis clara da Esteirana, Martín golpea a portería dende fora da área batendo o balón no longueiro e de seguido na linea de gol, chega a polémica pois nesta acción o porteiro escorda o nocello e deixa o balón morto para que ángel meta a placer. O colexiado decide parar o encontro e non dar por válido o tanto. Por suposto todos nos preocupamos pola situación do porteiro, pero ainda non sabemos ata que punto eso é correcto ou foi erro arbitral. O partido segue, a Esteirana dominando con moita facilidade na circulación da pelota pero sen moito perigo na escadra local.
A volta dos vestiarios, o Muxía aumenta a intensidade pero a Esteirana aguanta a presión. Todo facía pensar que o partido acabaría en táboas, pero os últimos 15 minutos foron de infarto. Comeza a romperse o encontro, e ambos equipos a querer levalo. Convirteuse nun correcalles, e xa no tempo engadido do posible 1-0 nun tiro a “bocajarro” que detén Hugo de maneira maxistral e que xenera unha contra que finalmente acaba en gol do pichichi Fernandes.

Partido moi ben traballado, con merecida victoria dos rapaces de David Neira e Rober Pladur.


Rober Pladur. << “ Un síntese moi ben, cando coñece os seus futbolistas e empatiza con eles, despois dunha victoria coma esta” >>.


Cadetes
Camariñas C.F 1-2 S.D Esteirana


MOITA SUPERIORIDADE DUNHA ESTEIRANA QUE SE VIU OBRIGADA A REMONTAR

Saleu a dominar desde o principio o conxunto azulgrana que pilota Gustavo Figueiras, pero unha pérdida os 6 min na area rival e con todo o equipo en ataque provocou unha contra moi ben feita que terminou en gol. A partir de ahi foi un dominio meramente local, encaixonando ós visitantes no seu campo.
No ecuador da segunda metade logran o empate a mans do seu dianteiro Raúl Díaz e xa a so 5 min. Para o final é Rubio o Sergio Ramos dos cadetes quen mete xa por segunda vez un gol olímpico esta tempada.


Gus. << “Na primeira parte cambiei de sistema e estabamos un pouco perdidos pero na segunda parte volvin o esquema habitual e todo saleu ben” >>.


Xuvenís
Corme F.C 4 – 4 S.D Esteirana

DURO EMPATE NUN DIFÍCIL O CAIRO

 Moitas dificultades no Cairo nunha mañá de moito vento e frio. A Esteirana propuxo un bo fútbol combinando. Na primeira parte tiveron moita continuidade provocando varias ocasions de gol e o corme limitbanse a contras e a balons parados´. O primeiro chegou da peor maneira posible, nun despexe do porteiro local que lle voltou hacia atrás co vento e o máis listo da clase Carajillo jr. foi a disputa e meteu gol. No minuto 40 lesionouse kevin, e nos intres nos que momentaneamente o equipo tiña un menos, encaixaron o 1-1.

Na segunsa metade a Esteirana subeu lineas xogando un pouco máis directo con mais presencia arriba, pero nun balon dividido na frontal recibiron o segundo. Os 2 min. un balon ó espacio empatou Iker. Co 2-2 o partido foi visitante poñéndose dous arriba no marcador 2-4, con gol de Carajillo jr. a pase de Iker e falta directa de Iker. E máis ocasión; dous paus, varias paradas do porteiro a Xián e Iker...un dominio e perigo constante. Pero nunha indecisión do defensa Joaquín, o Corme mete o terceiro. Os 10 minutos encaixaron o cuarto definitivo que firmaba as táboas.

Josiño Alves. << “ Pouco futbol o corme, un arbitro pésimo e o mellor do partido o porteiro deles sin duda. Toda a segunda volta sin perder de momento” >>.


Seniors
S.D Esteirana 3-2 Lira C.F



GRAN REMONTADA DUNHA ESTEIRANA QUE NON SE RENDE

  Bonito derbi costeiro no que nos visitaba o Lira, donde militan dous antigos recentes compañeiros blaugranas (Francisco Maceiras e Kike Paluka). Comezou o encontro e a Esteirana de Alex Romero e Tomé non tardou en demostrar que quería os tres puntos. No primeiro balón en largo, Rober é golpeado na faciana polo central, provocando a primeira ocasión de gol. Simón encargouse de materializar o golpe franco, poñendo o 1-0 a tan so 2 min. Do inicio. No seguinte balón que buscaban a Pladur volta a ser golpeado e provoca unha nova falta lateral. Adrián encárgase de colgar ese balón que remata Rober de maneira maxistral e o porteiro fai a estirada da tarde. A Esteirana foi afloxando un pouquiño, e o Lira tiña ben claro que facer co balón. Continuos envíos os home de arriba, donde Bruno, Kike, Jano e Oliver creaban moito perigo as contras. Tal foi así, que nunha contra cara o final da primeira metade, recibe Kike en zona de centro e coloca o balón para que Óliver so teña que empurrala.
Despois do tempo de lecer. A Esteirana busca poñerse por diante. Pero cada pérdida de balón era un patadón arriba donde o Lira era máis perigoso. Houbo 10 minutos donde non se sabe moi ben para donde se podía decantar o encontro, pero nun corner en contra, Roberto non sae de paus e Kike remata a placer dentro da área pequena.
A Esteirana a raíz do 1-2, comezou a baixar o balón, a convinar coma de costume. Ó Lira comezaronlle a faltar as forzas. Tan so eran 13 xogadores. Nunha xogada de moitas entre Alex, Code e Rober, este último pisa área e é derribado polo defensa liracho. Rober non falla, definindo correctamente. Co 2-2 e con trocos feitos, a Esteirana chega con moita máis facilidad, provoca continuamente faltas de desesperación para os visitantes, e o que se estaba vendo que chegaría, chegou no pé do capitán Carlos Alejandro que con unha brutal zurda escorada, mete o porteiro para dentro e consegue unha remontada que se recordará por moitos anos.



Veteranos
Cacheiras S.D 3-1 Asociación de Veteranos de Esteiro


UN SOLITARIO GOL DE MANUEL SUÁREZ MAQUILLA O RESULTADO

Os homes de Oscar Refoxo visitaban o Cacheiras, cuarto clasificado. A primeira parte foi igualada chegando o descanso con táboas no márcador 0-0. A volta dos vestiarios os A.V Esteiro saeu durmindo e recibeu dous goles en 7 minutos. No 86´ marcaron o 2-1 pero 2 min. Despois encaixaron definitivo 3-1.
Moita sorte a semán que ven na casa contra o Nebra C.F.

No hay comentarios:

Publicar un comentario