martes, 22 de noviembre de 2016

O fútbol é maxia.

Chamado o Deporte rei, convírtese nunha auténtica relixión para os habitantes de todo o planeta. O fútbol é tradición e un estilo de vida, arraigado por completo as illas británicas, donde atopamos a súa orixe do que hoxe coñecemos coma fútbol moderno. Contan as lendas que xa no século XII, o monarca Ricardo Corazón de León e o caudillo musulmán Saladino se batían en duelos a través dun partido con pelota polos conflictos das propiedades da Terra Santa.

Espandido polos mariñeiros británicos hacia o Atlántico, a semente do fútbol foi sembrada na antiga Onuba, cidade donde se fundaría o conxunto decano de España, o Huelva Recreation Club. Co paso do tempo a febre do fútbol estendeuse por terra, mar e aire ata puntos insospechados do globo terráqueo. Cada unha das maneiras de vivir, fai do fútbol o deporte máis universal ata agora coñecido. A pasión desmedida en sudamérica, a tradición europea, o furor asiático e a esperanza de milleiras de almas africanas, escravas do balón, conforman a inseparable riqueza futbolística.

Para ben ou para mal, o fútbol atravesa fronteiras. É capaz de unir e dividir a unha mesma nación, capaz de establecer lazos de amizade entre persoas con pouco en común. O fútbol atrapa a nenos/as e transformaos en homes e muleres sans e cheos de valores positivos, ainda que tamén lles vale para uns poucos poder encher as súas carteiras a costa do sentemento de moitos.

Accións baleiras de sentemento, clubes en quebra, estadios obsoletos... son algunhas das peores consecuencias da hexemónica sombra que o capitalismo xera neste deporte acentuadamente no noso país.

O verdadeiro espíritu do fútbol reside nos modestos, nos barrios. Grazas a eses millóns de persoas, que manteñen esa ilusión e aseguran o futuro deste deporte, milleiros de pirañas aliméntanse e desnivelan o deporte.

"A ESENCIA DO FÚTBOL ATÓPASE NA INBORRABLE PEGADA DOS SEUS DEUSES" -Vega, J.A.

O Fútbol é nerviosismo que recorre polas veas a milleiros de persoas antes dun partido, o acto reflexo de cantar un gol, aquel grupo de rapaces que xogan no medio da rúa cun balón, aqueles outros que contemplan entusiasmados o cromo do seu ídolo,etc. O fútbol é o recordo daquela tarde na que por primeira vez pisaste un estadio, a esencia do fútbol atópase na inborrable pegada dos seus deuses, aqueles elixidos para romper os esquemas de calquer estratexia.


A saeta rubia, a firma do Rei, a xerarquía do Kaiser, a fantasía de Cruyff, a man de Deus, a maxia de O´Fenómeno, o inverosímil da Pulga. O fútbol é para minimalistas coma Xavi, guerreiros coma Gatusso, para flacos coma Valerón ou portentos coma Cristiano Ronaldo, o fútbol é para motivadores coma Simeone ou tolos coma Bielsa, e para moitos outros. O fútbol é Felicidade.

Disfrutade deste gran deporte para o ben.

Fotos sacadas do álbum da Axencia Magnum.



















"EL FÚTBOL ES LIBERTAD" - BOB MARLEY


No hay comentarios:

Publicar un comentario