viernes, 15 de agosto de 2025

FINAL 46° CAMPEONATO DE BARRIOS DE ESTEIRO

 


 

A Festa do fútbol de Esteiro comezaba as 18:30 co partido de nenos que enfrentaba os Da Ponte de aquí (Independiente, Ciclóns e Carallo Santo) contra os Da Ponte de alá (Cánchester, Pentacosta e Abelleira) o cal terminou con un marcador de 7 - 3 a favor de Da Ponte de aquí.

Bonito ver cómo os máis novos disfrutan do fútbol e van collendo ese sentimento de pertenza ó seu barrio o cal ansían representar e defender nun futuro cercano.

CICLÓNS 3 - 0 PENTACOSTA

As 19:30 daba comezo a ceremonia inaugural da Final de Barrios, amenizada polo grupo de gaitas de Xeitura como é xa costume, mentres os equipos fan os seus quencementos e saída ó campo.















Empezou o partido con ambos equipos a un bo nivel e intensidade. As chegadas de máis perigo chegaban, no minuto 15 despois de que Borja se anticipase a un defensa e rematase cruzado e despois Toni collera o rechace e disparase a portería, facendo que Alex de Yi tivese que facer duas paradas consecutivas moi dignas de ver, a última incluso batendo no longueiro.

No minuto 20 Simón Casal recibe o balón na banda e despois dun recorte hacia dentro saca un tiro a escuadra larga no que Alex de Yi volve aparecer de forma impecable, salvando un tanto que xa se cantaba nas gradas.

Viñeron 10 minutos donde o Pentacosta lle costaba chegar a área rival e donde o Ciclóns se volcaba ó ataque con Josiño, Manu de Yi e David Añón. Este último quedaría dentro da área no minuto 35 a pase de Josiño para abrir a lata nun tiro cruzado.

O tempo ata o descanso pasaría sen ocasións claras para ningún dos dous equipos.




O Pentacosta sae moi entonado e xera dúas ocasións perigosas da mán de Simón Casal, donde na primeira non acaba de rematar ben xa diante de Alex e na segunda cun Bo disparo o longueiro.

Minutos despois caería o segundo por parte dos do Maio, co Nome do seu máximo goleador Manu de Yi.

O Pentacosta non lle perdía a cara o partido con chegadas a área rival que non acababan de encontrar portería e foi nunha xogada por banda do Ciclóns no que despois dun bo centro, Jaime sentencia o partido poñendo o marcador 3 arriba.

Despois deste gol, o Pentacosta tan so pudo aceptar a dificultade que conlevaba ir perdendo por 3 goles e a acumulación de cansancio polo gran esforzó feito durante todo o encontro.

Os Ciclóns finalmente proclámanse campeóns por segundo ano consecutivo.

O ambiente no campo foi espectacular con dúas aficións animando ós seus barrios sen descanso e un cheo que so se consegue nesta fecha cada verán.

Darlle a noraboa ó Ciclón e felicitar o Pentacosta pola súa clasificación a final e bo traballo feito durante todo o campeonato.

Dar as gracias o trio arbitral Carrilo, Marcelo e Tatá pois sin a súa labor esto non sería posible. E agradecer a toda esa xente que cada fin de semana coma nesta gran final acude o campo, colaborando, animando e disfrutando de esta tradición que cada ano emana con máis forza.

Larga vida o campeonato de Barrios de Esteiro.




domingo, 10 de agosto de 2025

SEMIFINAIS do Campeonato de Barrios 2025. Crónicas

 



1° SEMIFINAL 9 Agosto

CICLÓNS - CÁNCHESTER

4-4 (4-2)




    Un partido para a historia, un Xosé Luís Vara ata os topes e un ambiente de amor e pertenza que é difícil describir.

    Comezaba o partido nunha tarde moi calurosa, o Ciclóns lamentaba a baixa dun dos seus maiores artilleiros David Añón, pero eso non fixo mella na motivación e ganas cas que saíron o campo. O Cánchester pola súa banda, contaba con todos os seus xogadores e facía pensar que o partido desta tarde iba ser unha bonita batalla.

    O Cánchester comezou dominando tendo máis o control da pelota, ganando as disputas e superando ós do Maio en intensidad. Producto desto, non tardou en chegar o primeiro gol, e pouco despois o segundo para poñer o marcador 0-2, ambos goles moi parecidos con centro de Róber Pladur e remates de Pablo e Patxi sucesivamente. Parecía que o Cánchester tiña todo controlado e que incluso estaba a chegar o terceiro. Sen embargo, nun córner en contra, o Ciclóns consegue armar unha contra e Héctor mete un tiro cruzado, deixando partido ben aberto 1-2.

     O Cánchester xa non era o mesmo e o Ciclóns comezaba a coller as riendas do partido. Moita tensión, faltas e piques entre os xogadores o que fai bonito este campeonato. Foi Josiño Palifrova nun rechaze, o que saca un latigazo de fora da área para poñer as tablas de novo no marcador.


    Na segunda metade os equipos sairon a dalo todo e foi o Ciclóns o que se adiantaba no marcador, nun despiste da defensa marela, do pe de Adrián Abeijón que fai unha internada das súas e metea cruzada poñendo ós do Maio por diante 3-2.

    Nunha xogada do Cánchester donde David da un pase da morte, Chano mete a placer, e pon as táboas 3-3. O partido non podía estar máis bonito.

    Despois do parón de hidratación o Ciclóns puxo o balón en xogo dende as máns do porteiro Álex, cando o saque tiña que ser de portería. O despexe controla Teijo que enlaza con Josiño e este a súa vez con Manu de Yi que se coloca só frente a Mateo e adianta de novo os Ciclóns (4-3). Xogada moi protestada e que fixo que se xuntasen os árbitros a deliberar, dando o gol por válido finalmente.

    O Cánchester volcouse ó ataque, a falta de 10 minutos anúlaselle un gol a Róber Pladur por fora de xogo bastante protestado polos de Creo. E pouco despois un balón de Chano a espalda da defensa consegue Pablo coller a ventaxa e con un cabezazo pasarlla por encima a Álex de Yi, conseguíndo o empate que finalmente se quedaría no marcador (4-4). 



    Outra tanda de penaltis entre estes dous equipos que nunca dan o brazo a torcer nin dan nada por perdido. O Ciclóns tira de veteranía na portería e o Cánchester peca a súa falta de acerto. Clasificándose para a tan ansiada final do Campeonato de Barrios de Esteiro.

Noraboa os Ciclóns e ánimo para o Cánchester. 


2° SEMIFINAL 10 AGOSTO

PENTACOSTA - ABELLEIRA

4-4  (4-2) Penaltis



    Ambientazo no Xosé Luis Vara un día máis. Comezou o partido con dous equipos intensos e con poucas creacions de peligro.

    Foi o Pentacosta o primeiro en abrir a lata despois dunha xogada de Godo que acaba nun balón a área e remata Simón Casal.

    O partido aumenta en tensión e o Abelleira volcase ó ataque. Un erro na salida de balón do Abelleira, rouba Godo, abre a Manel que golpea cruzado a cepa do poste poñendo o 2-0. O Pentacosta moi ben armado atrás non deixa peligrar a sua portería e nunha contra cun balón a espalda, Manel fai o 3-0 cunha bonita vaselina.


    Comezou a segunda parte e o Abelleira foi con todo o ataque. Nun tiro de fora da área do veterano Alberto cólase pegadiña o pao para poñer o 3-1.

    Notábase o cansancio nos de verde pero sin perderlle a cara ó partido. No Ecuador da segunda metade Álvaro do Penta dalle a tranquilidade metendo un bonito gol e facendo o 4-1 antes da pausa de hidratación. Nin un minuto da reanudación e nun balón a espalda da defensa pentacosteira, o xogador do Vea c.f, Lucas, colocao no fondo da rede poñendo o 4-2 e abrindo as posibilidades dos celestes.




    No tempo de descuento Abelleira acorta distancias outra vez a man de Lucas e ponse 4-3 a falta de 4 minutos para o final. Nun córner no último suspiro, a favor do Abelleira, Saúl pon as tablas no marcador e decídese todo na tanda de penaltis.

    Na tanda de penaltis o Pentacosta cambia o porteiro e pon os guantes o auténtico Simón da Esteirana, o cal se convirte no héroe da tarde parando os dous primeiros penaltis do Abelleira e sentenciando o partido quedando finalmente por 4-2.


    Corría o ano 1996 cando o Pentacosta gañaba o seu último título como a fusión dos barrios de Pendente, Tal e Trasdacosta. Anos despois cando se dividiron creando o Praias de Reimundes e Tal, foron os carecos quenes de chegar a 7 finais (2002, 2003, 2004, 2005, 2006, 2007 e 2015) das cales gañaron 3 (2004, 2006, e 2007).


    O trio arbitral das semifinales e final composto por Marcelino Martínez "Marselo", José "Carrilo" e Manuel Antonio "Tatá" 

A táboa de goleadores queda da seguinte maneira a falta de xogar  a final.


    A Final do Campeonato de Barrios de Esteiro 2025 celebrarase o Viernes 15 de agosto as 19:30 no Xosé Luis Vara. Nela enfrentarase o Ciclóns contra o Pentacosta.



miércoles, 6 de agosto de 2025

46º CAMPEONATO DE BARRIOS DE ESTEIRO (SEMIFINAIS E FINAL)

     

    Xa finalizou a fase de liguilla entre todos os barrios, clasificándose para as semifinais en primeiro posto con 12 puntos o Ciclóns do Maio. Cos mesmos puntos (12) pero en desventaxa polo resultado do partido entre ambos clasificouse Abelleira. Por detrás con 9 puntos meteuse un poderoso Pentacosta e no último posto clasificouse o Cánchester de Creo, o que tan so lle chegou con sumar 6 puntos para conseguir o pase. 

    Foron o Independiente de Uhía e o Carallo Santo de Solleiros os que nesta edición quedaron fora da clasificación para as ansiadas semifinais, e posibilidade de gañar esta 46º edición do Campeonato de Barrios de Esteiro.

    La tabla de goleadores encabézana e "nunca mellor dito" Codesido (Abelleira), Raúl Louro (Abelleira), Simón Casal (Pentacosta) e Antón (Cánchester) con 5 goles. Xusto por detrás, a 1 so tanto temos a David Añón e Manu de YI (Ciclóns), Toni e Borja (Pentacosta).

Os partidos da 4º e 5º xornada quedaron da seguinte maneira:
  • Carallo Santo  3  -  6  Pentacosta
            Goles: Por parte do Carallo Santo, Benji, Lucas e Anxo Fojete. Polo lado do Pentacosta, Toni (2), Borja (2) e Simón Casal (2)
  • Independiente  2  -  3  Ciclóns
            Goles: Por parte do Independiente, Alex Rama. Pola outra banda, David Añón, Adrián Abeijón, Manu de Yi e gol en PP.
  • Pentacosta  0  -  4  Abelleira
            Goles: Os goles do Abelleira foron de Raúl Louro (2), Lucas e Codesido.
  • Ciclóns  2  -  0  Carallo Santo

            Goles: Os goles do Ciclóns foron de Manu de Yi e Adrián Abeijón
  • Independiente  1  -  2  Cánchester
            Goles: Os Goles foron de Pablo Val, Ánton e Damián Sui (P.P)
  • Abelleira  4  -  1  Cánchester
            Goles: Por parte de Abelleira meteu Codesido, Damián Americano, Álvaro Farinós e Adrián Riomayor. Polo outro lado o gol do Cánchester foi unha obra de arte de Chano.

As Semifinais xogaranse, o sábado 9 donde se enfrentará o Ciclóns do Maio contra o Cánchester de Creo sobre as 19:30, e o Domingo 10 a mesma hora (19:30 aproximadamente) Abelleira contra o Pentacosta. Os gañadores destes encontros veranse as caras na fermosísima final do día do Cármen de Esteiro, o 15 de Agosto, para poñerlle o broche final a unha das edicións máis igualadas vividas nos últimos anos.

Falareivos das Semifinais e Final no proximo post.



        Da gusto ver como o Xosé Luís Vara se enche cada tarde de partido, para ver os veciños e veciñas xogar este campeonato. O espiritu de Barrio segue máis vivo que nunca e eso e grazas a todos. Os que organizan, os que xogan e os que veñen a animar o seu equipo. 

Gracias a todos por facelo posible.












E que sería do Campeonato de Barrios sin as súas festas. Aqui podemos ver 3 dos carteles das festas; 
Cánchester, Carallo Santo e Ciclóns.






lunes, 14 de julio de 2025

46º Campeonato de Barrios de Esteiro

 46º CAMPEONATO DE BARRIOS DE ESTEIRO


    Xa está de volta o tan ansiado campeonato de barrios de Esteiro. Despois dunha 45º edición donde saeu campeón o Ciclóns do Maio, non sin polémica, a esencia do fútbol está máis viva que nunca e pódese observar cada sábado e domingo de verán no Xosé Luis Vara.

Un torneo de fútbol de verán que no seu día foi creado especialmente para que os Esteiráns non federados puderan darlle catro patadas a unha pelota, convirteuse no escenario donde moitos xogadores empezan a súa carreira deportiva dándose a coñecer na costa e máis alá dela.

Esta 46º edición do mellor campeonato de  verán de fútbol 11 coñecido, comezou o día 15 de xuño, como é costume co mesmo encontro que a final da edición anterior, que enfrentaba o vixente campeón Ciclóns do Maio no 2024 contra o exvixente campeón Cánchester de Creo no 2023.

O Cartel deste ano fai homenaxe a unha das mellores festas de toda Galicia e proclamada de Interese Turístico Nacional, as Carrilanas de Esteiro as cales non poderán celebrarse por diferentes problemas. Tamén a cor do mesmo está relacionado directamente ca do equipo campeón.


46º Campeonato de Barrios de Esteiro

  1. Cánchester - Ciclóns  (2-4) Goles: Antón, Pablo Pichu para os de Creo e David Añón, Martín do Camarón, Teijo Jr e Manu de Yi para os Maio.
  2. Carallo Santo - Abelleira (2-6) Goles: Anxo Fojete 2 para os de Solleiros e Code 3, Raúl Louro, Dani Jurjo e David para os de Abelleira
  3. Independiente - Pentacosta (5-3) Goles: Carajillo Jr 2, Manu Cea, Adelino e Alex Rama para os de Uhía e Toni, Simón Casal e Godo para os da Pendente, tal e Trasdacosta.
  4. Cánchester - Carallo Santo (5-0) Goles: Róber Pladur 2, Antón 2 e Pichu para os de Creo.
  5. Pentacosta - Ciclóns (3-2) Goles: Godo, Simón Casal e Borja  para os Lajartos e Manu de Yi e Teijo para as Vacas.
  6. Independiente - Abelleira (1-2) Goles: Raúl Louro e Álvaro Farinós para os da Parroquia e Anxo Carajillo para os de Medrón.
  7.  Cánchester - Pentacosta (3-4) Goles: Antón 2 e Iker para os marelos e Toni, Iván Fernandes, Simón Casal e Borja para os Carecos.
  8. Carallo Santo - Independiente (0-4) Goles: Raúl Mitri 2, Manuel Cea e Pablo Rama para os  vermellóns.
  9. Abelleira - Ciclóns (2-3) Goles: David  Añón 2 e Teijo Jr para os azulóns e Raúl Louro e Dani Jurjo para os celestes.

    Despois de 3 xornadas xogadas, a clasificación queda moi igualada. Moitos anos atrás que non se vía tanta igualdade no xogo dos barrios o que fai que ainda máis apeteza coller a toalla e marchar da plaia para ir disfrutar do partido que toque. Queda todo aberto para pelexar por esa clasificación as Semifinais.



    
    Agradecer moito a labor que fan estas dúas persoas colexiando e moitas veces batendo os cornos e provocando que este campeonato poda seguir celebrándose. 

José "Carrilo" e Marcelo Martínez GRAZAS 

O Xosé Luís Vara cada fin de semana do verán










Seguirei comentando as próximas xornadas deste increible campeonato de fútbol 11 local.

VIVA O CAMPEONATO DE BARRIOS


Xa irei correxindo as faltas...😜😂